20.4.09

Aniversario atrasado

Puiden falar deste aniversario fai uns meses pero a idea xurdiume agora. Digamos que estou celebarndo o ano e medio, e escaso de ideas polo que se pode comprobar nas poucas entradas publicadas. E moitas grazas por visitarme a pesar do meu gran esforzo. Feliz aniversario a todos!!!!!

2.4.09

A semana santa tamén é Pascua

Os coelliños visitan os nosos fogares cargados de ovos de chocolate. Nas procesións de Sevilla pódense observar a extranos pes debaixo dunha manta. A min non me gusta moito estas celebracións. Pero o bo é que teño dez días de vacacións.


2.3.09

Para matar o aburrimento

Ultimamente non teño moito que contar, pero para renovar este pequeno blog escribo estas palabras e de paso mándolle un saúdo a todos os blogueiros.

31.12.08

Bo nadal e ano novo!

Deséxovos a todos os blogueiros, blogueiras e xente que mira o meu blog boas festas e que recibades moitos agasallos por Nadal e Reis Magos. Disfrutade da familia e que vos toque a lotería!


20.12.08

Final Fantasy Crystal Chronicles: Ring Of Fates

O outro día, no meu aniversario, agasalláronme con múltiples cousas. Entre elas un xogo da nintendo DS. Foi un dos meus regalos preferidos.











O malo é que non atopo información del en internet. É como se non existira. Pero agora se poñedes o nome do xogo en internet seguro que aparece o meu blog. Ata outra.

19.12.08

Xa case cheguei as 1000 visitas. Porfavor. Necesito visitas para vivir!


5.12.08

Xa comezaron as obras nos pendellos!!!

Que ilusión. Por fin o sitio no que tanto xoguei cando era pequena vai ser restaurado. Mágoa que só comecen por 4 comedores e non os fagan todos... Pero hai que ser optimistas! De momento están quitando os escombros pero vai quedar xenial. Aquí vos deixo con algunhas imaxes que lle ''roubei'' ao meu pai. Saúdos a todos.























25.10.08

ADSL por fin!

Por fin teño ADSL. As cousas van moito máis rápidas e pódese publicar cousas nun segundo. É unha marabilla...

14.10.08

Oz gatoz

Ola. Levo un tempiño sen escribir, pero non creo que sexa tanto. Non vos parece moi mono? Ai que cousiña! Bueno, aquí vos deixo con esta monada...

2.10.08

O manga


O manga é un estilo de cómic xaponés moi coñecido por todo o mundo e podémolo ver en bastantes series de debuxos animados como: Sin Chan, Pokémon, Digimon, Evangelion... Caracterízase polos rasgos da cara e porque se len do revés de dereita a esquerda pero non de arriba para abaixo. O cómic denomínase manga e os debuxos animados anime. Fai pouco subscribinme a un curso que fai Salvat por fascículos que me trae todo o material e todas as claves para poder chegar a ser profesional que é o meu gran reto. Polo transcurso deste blog irei publicando debuxos feitos por min. Espero que vos guste.


O amor...

O amor verdadeiro é algo que se experimenta unha soa vez na vida. Pode parecerche que estás namorado cando non o estás porque despois sentes por outra persoa unha atracción maior. É algo imprevisible.

Que alguén diga o que é estar namorado, se pode.

1.10.08

Os comentarios soeces


Algunhas veces atopámonos con comentarios de mal gusto nos nosos blogs. Pois ben, unha solución sería non permitir que xente anónima poña comentarios, pero entón os teus amigos que non teñen blog non poderían escribirche. É unha decisión que ti elixes según che conveña. Non vos comades moito o coco e a publicar.

25.9.08

WI-FI

O WI-FI é unha función para conectarse a internet inalambricamente dende un ordenador, unha nintendo DS... Está moi ben. Isto pode atoparse en moitas cafeterías co símbolo:



Normalmente aparecen distintos símbolos pero pódense distinguir. Como xa expliquei noutra entrada coa DS pódese falar con xente de todo o mundo e co ordenador... Co Messengger. Espero que o saibades usar e que me escribades pronto.

Comezo novo curso

Acaban as festas e comeza o instituo. Que sacrificio! Bastante xente faltou o primeiro día debido seguramente a que se deitaron tarde e tiñan poucas horas de descanso. Pois eu non. Quero comezar este curso con bon pé e non vaguear como fixen o ano pasado. A ver se é certo. A min tocoume na clase de 3ºB . Bueno isto é todo por hoxe. Adeus.

8.9.08

Andorra:Final

Ben. Sei que algúns queriades saber o que fixen alá (ou non). Pois ben, temo que non vou falar sobre ese tema debido a que non o pasei moi ben. O de esquiar e todo iso estivo moi ben pero o demais.... xa se supón. Bueno, sinto non ter escrito durante tanto tempo pero ocurriron algúns imprevistos. Grazas por ''seguirme'' e ata a próxima.

15.4.08

500 VISITAS

¡¡¡XA VOU POLA VISITA 5O0!!!

3.4.08

Pokémon perla/diamante

Ola de novo. Hoxe vou a escribis sobre un videoxogo que moitos pensan que é para rapaces pero que a min gustame. Chámase pokémon e é mundialmente famoso polo que moitos de vos xa escoitastes falar sobre el. Neste xogo os principais obxetivos son convertirse no mellor entreador, gañar a liga pokémon e conseguir todos os pokémon existentes. Neste caso vou a falar do pokémon perla/diamante, a versión máis recente para nintendo DS.




Con esta nova entrega podes falar cos teus amigos, debuxar, intercambiar... pola rede WI-FI. Este xogo aparece por primeira vez en 3D, con función táctil e por voz. É increible o que poden facer as novas tecnoloxías!

3.3.08

Andorra: Introdución

Xa sei que moitos de vós estades impacientes por saber como me foi en Andorra e que publique as fotos de Escaldes e da neve pero resulta que a CPU do meu ordenador ten o reprodutor de CD's desconectado e as fotos téñoas nun CD que tan só os ordenadores poden recoñecer, pero aínda así vouvos adiantar algo que me pasou no aeroporto de Barcelona.
Mentres estaban facturando a equipaxe moitos de nós fomos ao baño e atallamos por unha cafetería. Como había tanta xente facilmente chocabas con alguén. Cando volvín do baño ía mirar a hora e... ¡¡¡Non estaba o móbil!!! Busquei por todos os lados e non o encontraba. Conclusión: Roubáronmo. Cando cheguei á casa, compráronme un novo e por sorte non me berraron.




O da esquerda era o que tiña antes, o da dereita é o que me acaban de comprar. Despois de todo non hai mal que por ben non veña. É moito mellor o actual.

5.2.08

Unha alfombra máxica

¿Que tal a todos? Hoxe vouvos falar dun xogo que me prestou a Zanfonista. Chámase 'STREET DANCE'. Vén cunha alfombra moi chula que serve como mando. Ao principio é difícil de xogar.Con el podes gravar os teus pasos de baile e despois xogar con eles. Aquí debaixo déixovos unha foto da alfombra e da carátula do xogo.

20.1.08

Andorra

Ola de novo. Hoxe vouvos falar de Andorra. Resulta que do 11 ao 18 de febreiro vou ir a Escaldes-Engordany a esquiar. Tamén vou ir ás caldas (CALDEA é o nome da estación termal) onde a auga sae a 62ºC. Para o baño enfríase ata os 34ºC.
O máis divertido vai ser a viaxe en avión desde Santiago ata Barcelona. De Barcelona iremos en bus ata Andorra. ¡E iso é todo por hoxe, amigos!

14.1.08

Kingdom hearts 1 e 2

Ola. Sinto moito tardar tanto en escribir, pero aquí estou de novo para falarvos de dous xogos. Estes dous videoxogos son os meus favoritos. Teñen unha historia moi difícil de entender pero é divertido. É unha mestura de aventura, loitas e amor. A segunda parte regaláronma o ano pasado e a primeira regaláronma estes Reis. O certo é que non lle atopo sentido de que a primeira parte sexa máis difícil que a segunda. Bueno, ¡adeus, feliz 2008 e ata pronto!


2.11.07

GAIVOTAS DE COMBARRO

O ano pasado fixen unha excursión a Pontevedra e a Combarro. No paseo marítimo deste último lugar conseguín fotografar a esta gaivota cando estaba emprendendo o voo.